Etiqueta: Exposición Individual
-
“Mirar hacia arriba, luego mirar hacia abajo y volver a mirar hacia arriba otra vez”, exposición de Mar Ramón Soriano na Galería Nordés
O pasado 23 de febreiro inaugurouse a segunda exposición individual de Mar Ramón Soriano na Galería Nordés, nesta ocasión no seu espazo na Coruña. Esta nova sede de Nordés na cidade herculina abriu ao público en outubro de 2023, froito da necesidade da galería santiaguesa de ampliar o seu espazo de almacén. Comezaron buscando locais…
-
“Auga Ferida”, exposición de Cabanes Fontao en O museo pequeno
O pasado 2 de febreiro a artista coruñesa Cabanes Fontao inaugurou a súa instalación “Auga Ferida” en O Museo Pequeno, no baixo once do número 86 da rúa Real da Coruña. Neste edificio de comezos do século XX encóntranse as galerías comerciais Centro Real, nas que hai unha perfumaría, unha pastelería, unha librería, unha cafetería,…
-
“Animales de agua”, exposición de Raúl Álvarez e Manuel Moranta na Galería Dupla
O pasado xoves 22 de xuño, xusto o día despois do comezo oficial do verán, inaugurouse Animales de agua na galería Dupla. Os artistas emparellados nesta ocasión son Raúl Álvarez -o madrileño namorado do mar do que xa vos falei hai algunhas entradas– e Manuel Moranta, artista, docente e director creativo tarraconense especializado na poesía…
-
“Altar”, exposición de Carmen Seijas en Sarao Studio
O pasado xoves 22 de xuño inaugurouse “Altar”, a primeira exposición en solitario de Carmen Seijas en Sarao Studio, a galería de Ferrol da que vos falei hai unhas entradas. Aproveito para reiterar a miña recomendación de que os sigades en redes, traen un verán cargado de exposicións e obradoiros chulísimos. Este primeiro verán da…
-
“Unnamed Road”, exposición de Narelle Jubelin na Galería Nordés
O pasado 1 de xuño inaugurouse na galería Nordés “Unnamed Road”, a segunda exposición individual de Narelle Jubelin neste espazo. Jubelin é unha artista visual australiana que leva case trinta anos vivindo en Madrid, cunha obra fortemente relacionada coa arquitectura do Movemento Moderno e pragada de reivindicacións sociais. Foi representada pola galería Mori de Sidney…
-
“Nada me pertence Tudo faz parte de min”, exposición de Sol Mariño na Asociación Cultural Alexandre Bóveda
No mediodía do pasado sábado 27 de maio inaugurouse “Nada me pertence Tudo faz parte de min” no primeiro andar do número 36 da rúa de San Andrés da Coruña, no espazo da Asociación Cultural Alexandre Bóveda. A presidenta da asociación, María Xosé Bravo, contoume que esta é a terceira exposición que inauguran neste local.…
-
“Faces”, exposición de Luiggi O Tizón no Espazo Vaina
O domingo 14 de maio ás 12:30 inaugurouse en Espazo Vaina “Faces”, unha exposición de Luiggi O Tizón. Eu achegueime a vela case dúas semanas despois, un soleado venres 26 de maio no que daba gusto pasear pola beira do río Mendo. Alí recibíronme Iria Fafián e Borja Freire, dous dos catro fundadores do espazo.…
-
“20:23”, exposición de Begoña García-Alén na Galería Grelería
O venres 12 de maio ás 19:30 inaugurouse “20:23”, unha exposición de Begoña García-Alén na Galería Grelería, na Coruña. A segunda recensión do blog -a de Apoio Mutuo- pertence a outra exposición desta galería, polo que nesta ocasión non falarei moito do espazo, coa fin de evitar repetirme. O que si considero importante recalcar é…
-
Presentación de “Rojo” en Sarao Studio
A recensión de hoxe é un pouco diferente, porque a exposición á que fai referencia xa non se pode visitar. Pero que non cunda o pánico, podedes desfrutala doutra maneira bastante especial, máis íntima e sen data de caducidade. Cóntovos axiña, primeiro, comecemos polo principio. O pasado venres 5 de maio Sandra Rego e Marta…
-
“Lindeira”, exposición de Sonia Navarro na Galería Vilaseco
O pasado xoves 27 de abril inaugurouse a primeira exposición individual de Sonia Navarro na Galería Vilaseco. A artista murciana optou por falar cos asistentes en grupiños reducidos no canto de facer un discurso para todo o público, preferindo establecer diálogos e non pronunciar un monólogo. Foi unha sorte poder comentar con Sonia o seu traballo,…